Para botar as sortes

Xogos para botar as sortes

Son recitados cun ritmo ben marcado que serven para designar o/a neno/a que panda ou que libra no xogo que se vai desenvolver a continuación. O participantes póñnse en roda ou en ringleira diante do botador. Este sinala un a un os compañeiros, recitando ou cantando a cantinela escollida. Son moi ricos e variados en todas as culturas.

Paxariño, rechinchiño,
vaite esconder
detrás da pía de tía Inés
que “te” toca a túa dita “ves”.

Explicación:
Este dito pódese usar para botar as sortes ou para xogar cos dedos do bebé.

Pin, pin, zarramacutín,
cuca malla Serafin.
Ti de ouro, ti de prata,
tápate coa gravata.

Espeto furruxente
saíu da porta do vento,
a min me cheirou,
a min me apestou,
o bufo do cu
de quen o botou.

Carme R. Ventoso, de Baroña – Porto do Son

Un, dous,
tres, catro.
Sae ti,
que vén o gato.

Saria

Catro patas
ten un gato:
unha, dúas
tres e catro.

Rico Verea, Manuel: “Tantarantán...”

Énele pénele.
Síquili sa.
Rápete rápete.
Engó.

María Luísa Calvar, Julio Santos e Pepe Bonet, de Marín:
“A nosa memoria- Marín”

Nun caixón
hai catro gatos:
un, dous, tres e catro.

Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”

Gato, gato
Maragato,
dime a verdade
se non te mato;
un, dous, tres e catro.

Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”

Taco, taco,
número catro,
un, dous,
tres, catro
mil novecentos
oitenta e catro.

Rico Verea, Manuel: “Tantarantán...”

Distribuir contido
ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.